REMIGRΛZÓN: Λ SOLUZÓN AO CONFLITO
O termo xa é coñecido: Remigrazón, é dicer, a expulsión dos alóctonos ao seu país de orixe. Pero esta palabra cobra sentido coas derradeiras novas na Galiza: mais de 100 imigrantes de Mali entran no país como refuxiados dunha guerra. É tan surprendente como simbólico. Nun país onde oficialmente case 118.000 galegos non teñen a posibilidade de traballar, mais de 100 estranxeiros poden aceder a unha vivenda e emprego. Sempre chegarán os ilustrados (sempre liberais ou filomarxistas) a argumentar elocuentemente que «fan os traballos que os nativos non queren» ou o tan recorrente «os galegos tamén fomos emigrantes», e asi é: ademais de usurpar conscientemente o traballo ao nativo, aceitan ser laboralmente maltratados pola pequena burguesia que leva arrastando a Galiza ao desastre dende fai décadas. O que non quer o galego é viver estourado, e na procura de boas condizóns laborais, chega xente de Mali, Sul-américa ou o Magrebe para demonstrar que a nosa voz e voto non importan no noso próprio país.
Hoxe, pouco menos de 155.000 estranxeiros teñen na Galiza aceso á vivenda e a un emprego digno. Mentres, galegos de todas as xerazóns compiten por aceder a un pequeno zulo onde poder viver, e para iso sacrifican mais da metade do seu miserável salário. Galiza non ten para os galegos, pero si para o imigrante.
O resto da ecuazón é conformado pola imigrazón máis problemática: acoitelamentos, asasinatos, roubos, furtos e ocupazóns están á orde do dia, e a substituizón cultural e demográfica tamén é cada vez maior. A identidade galega, antes minorizada pola falsa identidade nacional «española», agora enfrenta tamén ao Islam, e a parte do flamenquito tamén chega á moda reggaetoneira e a vulgaridade encarnada pola cultura pandilleira, as «rancheras» e outras aberrazóns procedentes do outro lado do charco.
Dentro desta situazón xorden poucas alternativas: se o imigrante delinque, traballa ou cobra pensións do estado, está prexudicando ao nativo: Cal é pois a soluzón? Nós temo-lo claro: cremos nun mundo onde todas as persoas poidan viver e traballar na sua terra. Nós somos o produto de anos e anos de ascendéncia precelta, celta, romana e sueva. Somos os fillos de grandes civilizazóns. Nós queremos a ledícia destes fillos na Galiza, no país que por séculos lles pertence: co seu emprego, co seu fogar e as suas famílias. Por iso clamamos pola Remigrazón: que a xente de Mali poña fin aos problemas no seu país. Nós faremos o próprio. Desexamos que galegos, malienses e, en xeral, a Humanidade, solvente os problemas nacionais e podan viver en paz na sua terra. Até entón nós só podemos plantexar a soluzón para eses milleiros de galegos que queren unha vida digna. Por eles e a nosa terra, REMIGRAZÓN: cada quen no seu fogar, e a xustiza no de todos.
Perante o dexenere cultural na nosa sociedade, a soluzón é a mesma: imos extirpar baixo calqueir prezo a decadéncia artística, linguística e estética. Non podemos nen queremos lexitimar a morte da nosa identidade, por iso imos remigrar (sen pedir permiso a ningures nen a ninguén) a cultura de bandas, as línguas alóctonas e a moda de sul-america: Galiza vai ser galega, nen magrebina, nen sul-americana, nen estadunidense, nen africana.
En todos os casos, a rendenzón da nosa Pátria pasa polo mesmo: Remigrazón absoluta e consecuente. Galiza só será nosa sendo galega, Galiza será galega, ou non será.