Como ben patentou o noso Cabanillas na sua obra-denúncia «Da terra asoballada», Galiza é unha nazón sometida á lei estranxeira, pero hai unha pergunta por facer dentro da actual problemática social: se temos campos, se temos fábricas, se temos portos... Por qué non temos leis que regulen ditos meios?
Moi sinxelo: o sistema no que vivemos sente-se conforme coa submisión das pátrias que governa. Galiza ten capacidade para se governar e suportar sen intervenzón externa. No pasado, Galiza supuña un território industrial, pesqueiro, gandeiro e agrícola, onde estes setores posuian un grau de valor importante. Hoxe, Galiza importa (segundo a O.C.E.) uns 27,1 mil millóns de euros en produtos que, en mais da metade dos casos, poderian-se producir no país.
A desindustrializazón (coas tabaqueiras, alumínicas, refinarias e eléctricas), a perda dunha frota pesqueira adecentada e a morte da nosa gandeiria a maos das regulazóns absurdas da UE, fan que o noso pais perda a única soberania conquistável no estado que habitamos: a económica.
Isto reflicte tamén no ponto 2 dos ODS ou, para nós os aférrimos inimigos da globalizazón, a Axenda 2030.
O ponto 2 di:
«Poñer fin á fame, conseguir a seguridade alimentar, mellorar a nutrizón e promover a agricultura sostível.»
A leitura do ponto fai pensar que os «gardas da paz mundial» da NATO, a UE ou o FMI loitarán por remendar os xenocídios no Oriente Médio e asegurar unha vida digna para as crianzas que aínda non masacraron por intereses xeopolíticos e financeiros, pero nada mais lonxe da realidade: o ponto non remata aí, senon que propón chegar á realidade sen famélicos meiante «unha agricultura sostível e masificada» co obxectivo de «triplicar a produzón agrícola e gandeira meiante a inovazón».
Xa sabedes o que isto significa: os gurus do veganismo procederán co investimento en macrogranxas para comer bichos e vermes, e aqui continuaremos a importar produtos estranxeiros, e Galiza, a nosa pátria, morrerá de inanizón. Eses gandeiros, pescadores e sementadores que non atopan relevo xeracional, morrerán nunha pátria abandoada polos seus. E Galiza morre, primeiro nas cidades, logo nos mares, mais tarde no campo. E nós co tempo, morreremos tamén como nazón. Pero esta defunzón non é acidental: sinalamos ao evidente culpável deste abandono intencionado da pátria; a Globalizazón que desde Washington, Londres, Bruxelas e, por deriva tamén desde Madrid, lexislan meiante a xenodiza política para que esta pátria deixe de ser Galiza e pase a ser o mesmo estercoleiro produtivo que hoxe hai nas nosas nazóns achegadas: primeiro na Castela, logo na Catalunya. Na Galiza non morrerá a produzón galega, se temos unha lexislazón própria e galega. O produto galego, regulado pola lei dos galegos, e non dos intereses estranxeiros e polos caciques habituais:
NAZÓN GALEGA CON LEIS GALEGAS