Afonso I chamado polas fontes árabes Rei da Galécia (Adhfunsh, malik Jilliquiyya)
1º) O Suevorum Regnum / Gallaeciense Regnum / Christianorum Regnum, a mesma entidade que para simplificar podemos denominar Galécia, vai de 410 a 910, ainda que a fundazón exata sexa provavelmente 411, pero que para simplificar en 5 séculos de durazón, é unha entidade diferente do Reino da Galiza, que vai de 910 a 1833. En relazón ao mesmo, o relato do Anselmo López Carreira e da maior parte do nacionalismo/rexionalismo galego ten dous erros, na nosa opinión gravísimos:
- Identificar Reino da Galécia e Reino da Galiza como a mesma entidade. En 910 o Testamento de Afonso III implicou non só a división da Galécia no Reino da Galiza e León, senom mudanzas moi importantes na sua estrutura.
- Asumir o relato nacional-español da fin do Reino Suevo en 585 con Audeca como derradeiro rei e fin do reino. Leovixildo non acabou con ese reino, simplesmente destronou militarmete a Audeca e ocupou o seu lugar, mantendo intacta toda a sua estrutura xurídica e administrativa, tal como prova a própria documentazón visigótica. Leovixildo non anexionou ou fusionou a Galécia á Hispánia, nen a Septimánia, tal como di a historiografia nacional-española, conseguiu a coroa de 3 reinos (Rex Gallaecia, Hispania et Gallia Narbonensis). Non obstante, a diferenza de épocas posteriores, Leovixildo non se proclamou imperador, pois tiña vasalaxe co imperador dos francos (que se viña autoproclamando continuador do Império Romano de Ocidente) a diferenza do seu contrincante Atanaxildo, vasalo dos bizantinos (imperador continuador do Império Romano de Oriente). Leovixildo, rei dos visigodos, só reinava realmente o Reino de Toledo e designou dous DUX (duques) como delegados do seu poder para o governo da Galécia e da Septimánia, con fortes disputas entre a nobreza da Galécia e da Hispánia por ese posto, eliminado por Recaredo tomando o governo diretamente, e depois restaurado. De 585 a 711 coa queda da dinastia visigoda (a vitória dos bizantinos apoiados por musulmáns) na Galécia houve reis de facto (titulados Dux) galaicos, e reis estranxeiros (visigodos) pero permanecendo o reino.
2ª) Do que comentamos antes surxe a loita após da queda dos visigodos entre dinastias galegas que se dician lexítimos descendentes de Audeca e querian restaurar a dinastia, novas dinastias galaicas descendentes dos que foran Dux que defendian a sua lexitimidade como herdeiros da tradizón visigoda, e dinastias visigodas que defendian a sua lexitimidade como herdeiros da liñaxe visigótica. Pero realmente quen mandavan eran os bispos, e os nobres, existindo un baleiro canto a poder real anterior. En paralelo a isto, os «rix das trebas», agora condes dos seus condados, comezaron a formar liñaxes con condes viciños, e acumularen títulos condais e poder, formando «super-condados». Na atual Galiza os casos mais salientáveis son os dos condes de Trava, que remataron formando o «super-condado» de Transtámara (praticamente a atual província da Cruña e do Tambre para acima) e os condes de Lemos, que remataron dominando case por completo as atuais províncias de Lugo, Ourense e o Bierzo, e finalmente absorvendo o condado de Transtámara. Na atual Astúrias acontece o mesmo proceso, formando-se dous super-condados, Astúries de Ovidedo e Astúries de Santillana (que incluia Cantábria). E surxen disputas entre eses «super-condes» e tentativas de proclamazón con Dux (rei de facto mantendo a tradizón visigótica) ou Rex Gallaeciense (rei segundo a tradizón sueva), e disputas entre o poder eclesiástico de Compostela, o de Astorga (transladado a Oviedo) e o de Braga (transladado a Tui). E por suposto, todo tipo de falsificazóns históricas na altura por motivos da liñaxe. Quen con mais ímpetu se proclaman reis ou duques son os nobres asturianos, con total apoio da igrexa ovetense, pero non de Compostela e Tui, que non os recoñecen xeralmente (presión da nobreza ocidental). Esa é a «monarquia astur», que en realidade eran condes que se autoprocamavan reis.
E nese contexto hai que situar Afonso I «o católico», que en realidade era «princeps» (conde) dos condados agrupados nas Astúrias de Santillana (Galécia), que conquistou militarmente Astúrias de Oviedo (Galécia) proclamando-se Dux ao estilo visigodo («exregni prosapiem», sucesor dos visigodos) e que atacou militarmente os condados que non os recoñecian, entre os que se encontran Lugo ou Tui, e outros, dado moi curioso, que teóricamente estavan sob os musulmáns no relato nacional-españolista da reconquista, como Porto, Viseu, Ávila, Simancas, etc. segundo as fontes eclesiásticas. Todo o relato nacional-españolista sobor Afonso I fundamenta-se na Crónica albeldense, escrita na época de Afonso III aproximádamente 150 anos depois da sua morte, precisamente para lexitimar mediante falsificazón do seu entronamento. Realmente non hai moita informazón histórica confiável sobre Afonso. Só pequenas referéncias en textos eclesiásticos, e a grande trola da Albeldense, como sucesor dunha liñaxe contínua que parte do mítico Paio/Pelayo, que nunca foi rei, senon conde. En realidade a história do «Reino de Astúries» é a história dos dous super-condados asturianos, e dos anseios dos seus super-condes por governaren Galécia toda. Non obstante, Afonso I consegui restaurar de facto unha monarquia hereditária na Galécia (falsificada como reino de Astúries) e ser sucedido sen demasiadas disputas polo seu fillo e o seu neto (curiosamente coroado en Sárria), pero de aí en adiante voltaron as loitas dinásticas, con loitas fraticidas entre os herdeiros, e novamente o problema de que en realidade eran condes de condados coas suas respeitivas liñas sucesórias. Non hai liñas hereditárias monárquicas contínuas mais de 2 ou 3 xerazóns porque as loitas de dinastias e condados aliados ou inimigos, asi como as diferentes sés episcopais (son as que realmente coroan) levan a disputas contínuas, ainda que sempre rematan prevalecendo os apoiados por Compostela. Afonso III pon fin a esta situazón, e coa división da Galécia en dous reinos, estabelece espazos de poder para as nobrezas e hierarquias eclesiásticas orientais e ocidentais da Galécia, ou iso queria facer.
Afonso VIII da Galiza, IX de León, cognominado «O Galego» como rei de León, (1171-1230). Os nobres casteláns puxeram-lle o cognome de «O Baboso», foi o seu maior inimigo. A historiografia nacional-española altera con ele o ordinal dos Afonsos, chamando-o Afonso IX e negando o Reino da Galiza, que seica era o de León. A propósito, o seu estandarte real era o león púrpura sobre campo de prata, o que daí en diante acabou sendo identificado como escudo do Reino de León.
É curioso como, segundo os nacionalistas españois, os reis da Galiza de nome Afonso pasam de VII a IX, e o VIII comeu-no un rato.
Afonso VIII era moi malvado, como rei de León «aboliu» o Reino de Castela transformando-se no conde de Castela como condado, e nascido o seu fillo Afonso de nome tamén, os nobres casteláns aliados dos navarros e aragoneses tentaron independizar ese condado nomeando rei a Afonso fillo, como acontecerá co condado de Portugal. O cal foi escandaloso, houve excomuñón papal, interdito ao papa incluídos. O tema non prosperou. Pero a historiografia nacional-española denomina ao fillo de Afonso VIII da Galiza como Afonso VIII de Castela, e precisa confundir fontes históricas do rei galego como rei de Castela co rei castelán que non reinou nunca, mal doeu a quen o proclamaron.
Non só se falsifica o numeral para negar o Reino da Galiza e mesmo o da Galécia, senon tamén para inventar o Reino de Castela nesa época, era un condado.
A história do Reino de Castela é ben curiosa, pois o nacional-españolista constrói a sua mitoloxia histórica sobre a mitoloxia histórica de Castela, e Castela condado (super-condado como agrupazón dos condados das Vardúlias) aparece unha e outra vez como coroa, mesmo cando até o rei de León non nomeou conde, proclamando-se amais de rei, conde dese condado. Cando foi condado do Reino de Navarra (foi ocupado várias veces) tamén é coroa segundo o nacional-españolismo, e fabrican unha continuidade como reino desde o século IX, ás veces desde o VIII.
A propósito, Afonso «o galego» VIII da Galiza, IX de León, (que chaman Afonso IX de Castela e León na historiografia nacional-española. Avó de Afonso O Sábio). Impuxo o galego nos textos administrativos deslocando ao latín tanto no reino da Galiza como no de León, ao final do seu reinado. Pero non por motivos nacionalistas a prol da sua língua, senon por tocar o carallo ao papa en detrimento da Igrexa.
Era neto de Afonso Raimondes (Afonso VII O Imperador) e de Afonso Henriques (Afonso I de Portugal, O fundador). Casou coa sua a sua curmá carnal, Tareixa de Borgoña, o cal provocou a sua excomuñón, non por motivos morais, senon políticos, pois na prática significava que a área entre Douro e Mondego, as Beiras, voltavan ser Reino da Galiza.
É un dos reis galegos mais interesantes, tamén porque foi fundando vilas mediante foros fundacionais e cartas pobras moi interesantes, asi coas cortes. O famoso Jaume I de Aragón non fixo outra cousa do que copiar as suas políticas, só que de xeito autoritário e centralizador, o contrário que Afonso, que procurava descentralizar e equilibrar poderes.
Afonso Denis Carvallo